20:30
Picasso: A mirada nas mans

Picasso: A mirada nas mans

Peza dentro do XIII Encontro artes pola Integración

Experimentadanza + Banda Municipal de Música de A Coruña

Un espectáculo de teatro e danza profesional conformado por artistas con e sen diversidade funcional que mestura danza contemporánea e teatro.

A obra vira ao redor dalgunhas etapas artísticas de Pablo Picasso. Nela aparecen, aos poucos, os personaxes das súas obras, moi sinaladamente da infancia, para transitar pola súa Época Azul en París, a posterior Época Rosa e o Cubismo, finalizando coa creación do "Guernica" e a pomba da paz como símbolo dunha nova época na vida do autor.

Coreografía e interpretación: Jaume & Iris

*Entrada libre até completar capacidade

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android