17:00 hasta las 20:30
Las maravillas de Júpiter

Las maravillas de Júpiter

De Estefanía de Paz Asín

O 18 de xullo de 1936, coincidindo co levantamento golpista contra a República que deu paso á guerra civil, a troupe de 50 artistas do Circo Anastasini que chegara a Lodosa (Navarra) desapareceu sen deixar rastro. Din que algúns foron fusilados e que o resto foron obrigados a entreter á tropa. Mediante a linguaxe dos obxectos, a narradora Olvido Flores conta unha historia de beleza amarga, poesía, circo e guerra, dentro dunha caravana habilitada para acoller a 22 de espectadores e que quere ser unha homenaxe á memoria, e a aquelas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores.

Con Estefanía de Paz Asín

Dirección, guión e dramaturxia: Estefanía de Paz Asín

Produción de Estefanía de Paz Asín e Iraia Sanz Urtasun

Nota: este espectáculo realizase no exterior do Teatro Rosalía Castro dentro dunha caravana adecuada a tal efecto. Ten un aforo reducido de 22 localidades e non é apto para cadeiras de rodas. Realizaranse 3 pases durante dous días, ás 17'00; 18'30 e 20'00 h

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android