20:30
Otemporiz  + A raíz de

Otemporiz + A raíz de

PROGRAMA DOBRE:

Otemporiz de Compañía Ertza

VÓS TEDES O RELOXO, NÓS TEMOS O TEMPO Dise que os occidentais contamos
o tempo, medímolo, comprámolo, vendémolo, planificámolo e organizámolo; para nós é un ben obxectivo, independente ao ser humano, que usamos para facer cousas, pero case sempre nos falta. Pola contra, en África o tempo vívese, tense, faise; é un ben subxectivo e inherente ao ser humano, que se habita e case nunca falta. O feito de que nazamos nun lugar do mundo concreto marca indefectiblemente a noción que temos do tempo, e aínda que nada é inamovible, dificilmente conseguiremos desprendernos desa primeira noción adquirida. O tempo pódese vivir de moitas maneiras, incluso ser escravo del; pero o que non se pode negar, e isto é válido para calquera recuncho do mundo, é o poder que nos dá a danza, sexa cal for a súa orixe, xénero ou condición, para vivir o tempo nun presente absoluto. OTEMPODIZ é unha peza de danza de 25 minutos, que analiza as diferentes maneiras que temos de vivir o tempo, a través dunha combinación linguaxes coreográficos urbanos, tradicionais e contemporáneos
“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”.
“A raíz de” nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de Raíz.

Con Fenias Nhumaio e Deissane Machava

Idea orixinal, dirección e coreografía: Asier Zabaleta

A raíz de da Cía Daniel Rodríguez
“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”.
“A raíz de” nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de Raíz.

Con Fenias Nhumaio e Deissane Machava

Idea orixinal: Daniel Rodríguez

Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android