20:30
Go Figure

Go Figure

Un corpo pode dicir a súa verdade cando asume unha linguaxe propia, o súa. Un corpo vólvese mapa de posibilidades a partir da súa diferenza, cando respira e move a súa desigualdade con respecto ao resto de corpos. É nesa relación de desigualdade onde se acha autenticamente libre. Go figure é, ante todo, unha paisaxe de desigualdade onde Shmuel pode observar o funcionamento do seu corpo, recoñecelo, poñer en valor aquilo que condiciona e define o seu movemento, transformalo nunha ponte cara á conexión co outro. A esta chamada acode Tomer, quen recolle a invitación de diálogo de Shmuel e cruza a ponte. Durante a súa procura dun balance que xurda dos límites que impoñen ou revelan as capacidades de ambos, nace unha beleza que non quere ser máis nada que ela mesma. Beleza que resulta da vontade de apoiarse sen desdebuxar, do desexo compartido de ser territorio da verdade.

Con Shmuel Dvir Cohen e Tomer Navot
Dirección e coreografía: Sharon Fridman
Compañía de Sharon Fridman

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android