20:30
Terceiro acto

Terceiro acto

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

*Venda de entradas soltas a partires do 6 de setembro

De Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Con: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera, Eduardo R. Cunha "Tatán"

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

Produción do Centro Dramático Galego

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android