N/D
XVII Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos ríos

XVII Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos ríos

Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2024 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense de novo para levar a cabo a XVII Limpeza Simultánea de Ríos. Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 29 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.

Grazas á colaboración de 70 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis de 6 Tn. de lixo de orixe diverso. O máis importante é que, ano tras ano, conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche.

Fuente: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/39417
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android