20:00
CONCERTO | NEBRA

CONCERTO | NEBRA

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Gratis
💥 Toma boa nota, o grupo de Lugo finalista nos Premios Martín Códax da Música 2022 na categoría de Mestizaxe e Músicas do Mundo... NEBRA en concerto o LUNS 7 - 20.00 h. Concerto de na praza de Santa María. 

NEBRA é un proxecto inspirado na música vocal tradicional galega, con influencias do folk pero con sons de música contemporánea, electrónica e industrial. 

O proxecto está formado pola cantante Sara Pérez Cruz, alias Sara Nebra (Muddy Doll, Orfeón Lucense), o baixista Ángel Boquete (MaldiA, Sigilu) e o batería Ro Muñoz (A Gramola Gominola, Di Elas). 

Tras musicalizar o poema galego de Federico Lorca “Danza da lúa en Santiago”, sinxelo que estableceu a sonoridade e identidade de NEBRA, o trío lucense publicou o seu primeiro álbum SEREAS (2022).

A presenza dunha voz de estilo máis folk fusiónase con sons de sintetizador propios dos anos 80, un baixo eléctrico con efectos máis achegados ao metal ou ao stoner e sons de batería e pads propios do lo-fi, o rock e a electrónica. 
O proxecto foi finalista nos Premios Martín Códax da Música 2022 na categoría de Mestizaxe e Músicas do Mundo, xunto cos traballos doutras artistas galegas como Sheila Patricia e Catuxa Salom.

https://www.instagram.com/nebra.gal
https://www.facebook.com/nebra.gal
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android