20:00
CONCERTO | BELÉM TAJES

CONCERTO | BELÉM TAJES

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Gratis
🩵🎵Unha das novas voces de referencia da canción de autora en Galicia,  Belém Tajes en concerto este San Froilán. 

Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, comezou tocando e cantando en agrupacións tradicionais, aprendendo tamén dos cantares das súas avoas, naturais da aldea de Arou, Camariñas.

Tras participar en grupos de referencia como Luar na Lubre, Xosé Lois Romero e Aliboria, Moura, e xirar con Vetusta Morla co seu ‘Cable a Tierra’, Belém Tajes emprende proxecto como solista facendo seus estilos como o pop e a música tradicional galega e latinoamericana. 

Despois de publicar en 2022 o EP debut "Un Mapa", inspirado na súa Arxentina natal, en outono de 2024 lanzará o seu primeiro disco longo, "Amar o mar", con colaboracións doutras artistas como a canaria Marilia Monzón.

DOMINGO 6 (Domingo das Mozas)  - 20.00 h. Concerto de BELÉM TAJES na praza da Mosqueira. De balde. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android