CONCERTO | Matt Pascale 8 The Stomps Blues | Italia Matt Pascale: guitarra; Matieo Magnaterra' batería; Rishi Yildiz piano; Elia Esquartini' baixo. BIC é unha banda de creación recente, non obstante, intégrana músicos cunha ampla experiencia de máis de vinte anos interpretando jazz propio e alleo. Desta volta revisitan os clásicos jazz da era coo! é hard Bop dende o máximo respecto ás fontes orixinais, emulando o son daquela época caracterizada por grandes improvisadores, pero tamén por grandes compositores e arranxadores que abriron camiño á posterior evolución do jazz. BIC ofrece unha selección indispensable de composicións de Charles Mingus, Jazz Messengers, Joe Henderson, Horace Silver, Oliver Nelson, Miles Davis é Wayne Shorter, quen faleceu hai menos de dous anos. A grande forza da que está dotada a música da banda faina apta para gozo do público máis profano. Os compoñentes de Bea- ter Jazz Collective teñen compartido escenario con músicos do talle de Jorge Pardo, Raynald Colom, María Schneider, Perico Sambeat, Bob Sands, Paquito D'Rivera, Pepe Rivero, Abe Rábade, Baldo Martinez, Nani García, Kurt Ro- senvwinkel, Mark Tumer, Chris Cheek. Larry Grenadier e moitos outros.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar