Cris Regueiro: teclado,voz; Bruno Couceiro: batería; Ale Cambón:baixo
Cantante, teclista, compositora e mestra de música. Tras anos de formación e experiencia en diversos grupos, a artista dá un paso adiante e inaugura a súa faceta creadora co seu primeiro proxecto como solista: unha aposta polo aroma da escena neosoul anglosaxoa, feita en Galicia e en galego. Forza ,dinamismo e risco son a receita da súa música, que conxuga coidados arranxos con temáticas universais como o amor, a angustia ou a súa obsesión polo café. Cun son moi coidado e un trío que soa a banda, Cris Regueiro presenta os seus temas en directos potentes e dinámicos que crean atmósferas envolventes e cambiantes. A artista acompaña a súa voz co teclado e un looper co que constrúe edificios sonoros á vista e oído do público. Os músicos recollen as súas influencias do jazz en fragmentos improvisados e unha conexión atenta e viva para tecer en cada concerto momentos únicos. Cambón e Couceiro sosteñen os temas cunha base rítmica que destila neosoul, groove e funky, arroupada por efectos sonoros e que resulta tan rotunda como sutil e expresiva.
Fuente: https://www.clavicembalo.gal/evento/cris-regueiro-the-neo-band/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar