As guerras atravesan os cinco continentes. Unhas máis mediáticas, outras permanentes, algunhas completamente esquecidas. Máis ca nunca é preciso alzar a voz e clamar en contra dos conflitos que atravesan de violencia a vida das persoas que os padecen, especialmente as crianzas, en beneficio dos intereses duns poucos.
Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade nos próximos catro anos. Non todo o mundo está dacordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto. Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, con axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A trávés dun burato feito entre as paredes dos despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.
Baseada na trama de enredo de Plauto, Muxicas trae a escena unha realidade cómica moi presente nos nosos días. Nunca a política dera tanto espectáculo.
Dirección: Sara Rey
Reparto:
Luís Pequeno - Palestrión
Aída Saíz - PeriplectómenoJosé Ramón Fernández - PirgopolinicesEvina Estévez - FilocomasiaEva Hervella - ArtotrogoMaricarmen Fernández - XornalistaSeverino Pérez - EscéledroMercedes Mena - MilfidipaRicardo Rodríguez - PleusiclesFrancisco Gómez - Presentador
Perfil de redes sociais: https://www.instagram.com/teatromuxicas
Accesibilidade para persoas con discapacidad visual:
Tour escénico ás 19:30 horas
Servizo de Audiodescripción do espectáculo.Organiza: ONCE
Entrada: de balde.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar