25 de Outubro, 18:00 Pedras de cartón presenta Moby Dick, un espectáculo creado a partir da afamada novela de Herman Melville. Unha peza que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un gran cachalote de tres metros. MOBY DICK conta a historia de Ismael, un xoven que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras. Público familiar (a partires de 4 anos). Duración: 40 minutos No vestíbulo da biblioteca (ata completar aforo)
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar