A cargo de Sheila Blanco
En CANTANDO A LAS POETAS DEL 27, a pianista, compositora e cantante Sheila Blanco converteu en cancións unha escolma de poemas das mellores autoras da Xeración do 27.
Acompañándose só por un piano, Sheila Blanco pon voz e ritmo aos versos das poetisas Carmen Conde, Ernestina de Champourcín, Concha Méndez, Elisabeth Mulder, Margarita Ferreras, Josefina Romo Arregui e Dolores Catarinéu, interpretando uhna música que afonda nas emocións que impregnan os seus poemarios e que abordan temas universais, personalizados nas vidas de cada poeta como son o amor, a dor, o exilio, a beleza, a pena, o remordemento….
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/115488/7/145412
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar