19:00 hasta las 20:00
Exposición: Sobre as nosas cabezas

Exposición: Sobre as nosas cabezas

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
O Concello de Burela acolle, na sala de exposicións da Casa da Cultura, esta mostra da fotógrafa e artista Cristina Castro.
A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí, poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Na mostra, Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia.
A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India.
O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao empoderamento da muller e á sororidade.

+Info: Descargar presentación
+Info: Descargar tríptico

Fuente: https://burela.org/es/exposicion-sobre-nosas-cabezas-0
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android