10:00
BMSC·OS XIGANTES DE NUNCA ACABAR

BMSC·OS XIGANTES DE NUNCA ACABAR

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Música)

Casiano Mouriño, director

Vicente Couceiro, narrador

Música: Carlos M. Cambeiro / Instrumentación para Banda Sinfónica de Casiano Mouriño

Texto: Ana Mª Fernández e Xoán Babarro

Idade recomendada: Primaria

Duración: 50 min

Lingua: galego

Neste proxecto a Banda Municipal de Música de Santiago baixo a dirección de Casiano Mouriño, combina narración oral, música e literatura infantil galega, a través das distintas sonoridades da Banda. Coa narración de Vicente Couceiro, preséntase unha linguaxe literario-musical que nos introduce dunha maneira moi sinxela, divertida e educativa, nun mundo real de fantasía.

“Os xigantes de nunca acabar” de Ana Mª Fernández e Xoán Babarro, trata de tres xigantes superliantes, superterribles e superxigantes que pasaban o ano discutindo por ver cal deles puña máis medo a xente que vivía en “País de Conto”. Unha terra de era e non era, que existe agora e que existiu noutrora e que pode estar dentro e fora. Pero un día, chega Trampolín, o ananiño contador de historias, e todo cambia.

Unha proposta na que os instrumentos de vento dan vida aos distintos personaxes, na que iremos coñecendo e descubrindo as súas formas máis características, tanto morfolóxicas coma sonoras. Unha historia para coñecer máis de preto ás bandas de música como protagonistas sen perder a esencia dun conto musical.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/bmsc%C2%B7os-xigantes-de-nunca-acabar
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android