09:00 hasta las 20:00
Ingavi Somm 20/21- Curso Superior de Sumiller Profesional

Ingavi Somm 20/21- Curso Superior de Sumiller Profesional

O Instituto Galego do Viño organiza a oitava edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional, que se desenvolve entre setembro de 2020 e xuño de 2021. As clases teñen lugar todos os luns, en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

O Curso Superior de Sumiller Profesional é o único máster privado en Galicia orientado á formación de profesionais do sector do viño e un dos cursos para sumilleres máis completos de España, ofrecendo clases presenciais con Masters of Wine, Sommeliers de tres estrelas Michelin, doutores en enoloxía, bodegueiros de renome...; máis de 500 viños catados por ano e 5 viaxes formativos nacionais e internacionais a zonas vitivinícolas.

O curso ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico, con docentes do prestixio de Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.

Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=82370
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android