Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para os máis pequenos. Este é o nome que lle gusta que o coñezan entre a poboación de pouca idade. Ten longa traxectoria neste campo profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte da Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público máis pequeno e as familias, Pakolas, que xa conta con dous librodisco no comprado e leva virando coas súas cancións por toda Galicia desde o mes de abril de 2017 cos seus espectáculos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar