15:00
Mil maxias máis

Mil maxias máis

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil. Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android