16:00
Ghop!

Ghop!

Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

Elenco artístico: Roberto Casal, Noel Fandiño e Sofía Espiñeira
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android