18:00
Ao encontro de Martín Códax

Ao encontro de Martín Códax

Xoan Curiel presenta un espectáculo, no que as cantigas de Martín Códax, e outras poesías de autores galegos clásicos e contemporáneos, son musicadas e cantadas polo artista, facendo un percorrido dende estas cantigas ata chegar ao cantautor ou trobador contemporáneo.

Este concerto forma parte da programación de Cultura no Camiño que leva música, teatro, maxia, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android