Nas tebras da noite agóchanse seres descoñecidos, deambulan sen rumbo alimentándose da enerxía da escuridade.
Baixo o universo das sombras agardan o seu momento para facerse ver, confundindo os nosos sentidos, apoderándose do tempo para xurdir entre a néboa coa sua demencia, delirio e caos infinito, amosando o gran poder que lles da a escuridade.
Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras os seus súbditos.
Blame, dende o seu trono, xenera o ambiente de caos a través da percusión e os seus temas de estilo hardcore.
Dous seres da escuridade “Lobisome” e Nosferatu”, con ansias se apoderarse das almas que invaden o seu espazo, percorren os camiños encadeados.
Rex e Xuno pechan esta comitiva das sombras, aportando chispas, luz e lume ó percorrido.
… coidado… nunca sabes que podes atopar na SubUmbra…
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar