22:30
Talesien

Talesien

Os galegos TÁLESIEN publicaron en decembro de 2008, o seu segundo disco Melancolía, onde destacan principalmente as súas coidadas melodías e a súa persoal visión do metal melódico. Cunhas letras máis íntimas, esta vez en castelán, ofrécennos 12 cortes coidadosamente traballados que nos mostran a evolución e madurez da banda. Masterizado por Mika Jussila nos Finnvox Studios (Helsinqui) e nun formato de luxo, Melancolía, é sen dúbida, unha forte aposta por conseguir un lugar destacado dentro do panorama musical.

Tras o seu primeiro disco The Blind Carpenter (2005), co que conseguiron o recoñecemento de crítica e público e o EP Non limits in Time publicado en 2002 o grupo conseguiu unha importante traxectoria musical, ao compartir escenario con bandas tan relevantes como DEU,
Anthrax. RIOT, Marky Ramone, Cradle of Filth, In Extremo, Os suaves, Skizoo, Avalanch, Easy Rider, OBUS, Terra Santa, Saratoga, Stravaganzza e Barricada, entre outros, e participar en festivais como o Piorno Rock, Metal Circus ou Muralla Rock
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android