O domingo 24 de setembro voltamos coa limpeza de ríos. Móllate polos ríos é unha iniciativa de Adega onde distintos colectivos nos unimos en moitos ríos de Galiza para concienciar sobre a importancia de coidar os ríos que nos alimentan. Na comarca de Barcala imos da man coa asociación Afonso Eanes para promover esta iniciativa, esta vez no río Barcala. Comezaremos as 11 da mañá na Ponte da Ramona e iremos limpando o río cara a feira. Para apuntarse mandade un whatsapp ou chamade ao 629287475.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar