21:00
RUNNING Teatro en Negreira

RUNNING Teatro en Negreira

RUNNING!!!! Venres 23 de Febreiro, ás 21:00 horas, estaremos no Auditorio Afonso Eanes do Cotón do Concello de Negreira. Entrada 3,00€ por persoa. Aforo limitado. Evento organizado polo Concello de Negreira coa colaboración da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e o Agadic.

# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘: Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?

E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android