21:00
La Hora Mágica

La Hora Mágica

“ LA HORA MAGICA” é un espectáculo de maxia online de aproximadamente 60 minutos a través da plataforma Zoom, na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos menos e nenas cos seus xogos de maxia. De este xeito, promovemos a cultura e os asistentes poderán desfrutar e participar dun show en vivo e en directo sen sair das súas casas cumprindo uns requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e sobre todo seguro.

Para a conexión virtual so é necesario un dispositivo electrónico coma un teléfono, unha tablet, un ordenador, etc. Que se usa tanto de webcam como de televisión.

A maneira de distribución desta actividade pode ser mediante invitación, e dicir, créase unha sala virtual cun enlace (cun ID e un código de acceso), e vos, como oraganizador (concello, anpa, asociación, escola, etc) enviades un correo electrónico cun enlace que da acceso a sala ou tamén se pode enviar un formulario común para que se inscriban e xa reciben automáticamente a invitación a sala virtual.

Para a visualización pódese descargar a aplicación Zoom ou entrar co navedador directamente cos códigos que se enviaron. Unha vez que a xente acceda, os nosos técnicos van admitindo as personas e se lle van dando as indicacións oportunas se fose necesario.

É un espectáculo adaptado a unha nova normalidade, a un novo espazo, pero que segue sendo divertido e participativo tanto para os que o crean como para os que o desfrutan.

O número máximo de participantes é de 100 personas (pantallas), polo que por motivos de renderización, sería bo non ofrecer mais de 95 por sesión.

“LA HORA MÁGICA” pretende ser un espazo lúdico onde os nenos e nenas poidan ter unha actividade diferente nesta nova situación que estamos a vivir. Unha canle de televisión interactiva e moderna na que as personas que elixan ver este “programa” estamos seguros que repetirán, xa que eles serán os protagonistas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android