19:00
Muiñada

Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.

Muiñada é unha viaxe ó pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve paracoñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android