Os Piñeiriños son dous irmás, Fuco e Xela, que convidan ós cativos e cativas a introducirse no mundo da música dun xeito máxico. Na súa andaina musical xa colaboraron con moitos artistas, o seu último traballo foi a participación no Libro Disco infantil “Canta a lúa coas estrelas”, da escritora Rosalía Morlán e o cantautor Manoele de Felisa. Actualmente están a traballar no seu novo disco en solitario, que estará cargado de moita ilusión, maxia e aprendizaxe.
A través do seu espectáculo achegan ós cativos e cativas o mundo poético, a vida de persoaxes referentes da nosa cultura ... Todo dun xeito lúdico a partir da música e dos contos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar