Eixos cromáticos levarannos nunha viaxe ?da man do trío da recoñecida arpista viguesa Alba Barreiro, acompañada por Margarida Mariño e Pablo Mera a través dalgunhas das composicións de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. A súa obra orquestral e pianística é transcrita e arranxada por Alba Barreiro para arpa soa e trío formado por frauta, violoncelo e arpa, co fin de ampliar o repertorio para este instrumento con música da nosa terra.
Este proxecto discográfico vira ao redor do concepto de cromatismo, moi presente na obra destes dous autores con dous eixos que unen os seus estilos compositivos destes compositores coas propias características do arpa. Mentres que Gaos utiliza unha harmonía moi cromática e con continuas modulacións que aproveita á perfección o arpa co seu sistema elaborado de pedais, Bal y Gay basea o seu estilo en continuos contrastes tímbricos, utilizando a instrumentación e xogos tonales traducidos a este instrumento nun gran abanico de sons e efectos postos en diálogo coa frauta e o violoncelo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar