Sons como a martelada do ferreiro, a máquina de coser da costureira, o chifre do afiador, proporciónannos un punto de partida que nos introduce no mundo dos oficios a través de aspectos que poden resultar familiares, establecendo relacións que xeran coñecemento.
Desenvolvemento:
- Parte teórica: introdución con breve percorrido pola Sala dos Oficios.
- Parte práctica: recoñecemento de oficios e dos elementos que os definen protagonizados polos seus
sons.
Datas: do 1 ao 31 de xullo.
Duración: 60 m.
Dirixido a: grupos de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria ( de 3 a 8 anos)
1 EURO POR PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar