A exposición pretende recoller a evolución tecnolóxica a través dunha escolma de pezas organizadas en cinco ámbitos representativos:
- O doméstico: da ampla produción de enxoval exhíbense batedores, picadoras ou reladores.
- O traballo: o auxe das tarefas administrativas determina a elección das máquinas de escribir.
- Os medios de comunicación: teléfono, radio e televisión marcan unha revolución mudando hábitos e
formas de relacionarse.
- O ocio: o consumo da música mudou cos gramófonos, tocadiscos e radios pasando, estas, de ser un
medio de comunicación a selo de lecer.
- A arte: representada pola fotografía e os aparellos que acompañaron ao ser humano no seu devezo
por conxelar o tempo.
Lugar: Sala de Exposicións Temporais
Exposicións temporais do Museo Liste de Vigo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar