10:00 hasta las 14:00
XI Concurso de Relatos: Menciña para un mundo en crise

XI Concurso de Relatos: Menciña para un mundo en crise

XI Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio).

Temática: “Menciña para un mundo en crise”

Baixo este lema gustaríanos coñecer a visión que nenas e nenos teñen sobre as guerras, a fame, a violencia, a discriminación, o paro, a enfermidade, as adicións, etc. todos eles aspectos negativos da nosa realidade presente. O modo de entender, de vivir e de aportar solucións a estes problemas por parte dos nosos nenos e nenas constitúe unha reflexión social necesaria. A súa visión pode proporcionar unha perspectiva diferente afastada dos intereses e escusas dos adultos.

Idioma: galego.

Participantes: alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.

Categorías: establécense 5 categorías:

- Categoría A: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

- Categoría B: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

- Categoría C: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

- Categoría D: alumnado de 1º e 2º de E.S.O.

- Categoría E: alumnado de 3º e 4º de E.S.O.

Formato e modo de presentación: os traballos presentados ao concurso terán unha presentación e extensión libres, manuscritos ou a ordenador. Serán presentados ben na sede do Museo Liste, na rúa Pastora nº 22; enviados por correo ordinario a dita dirección; ou enviados a través de enderezo de correo electrónico: didactica@museoliste.org dende a cal se confirmará recepción.

Prazo de recepción dos traballos: aberto dende o 1 de febreiro ata o 25 de abril de 2023.

Selección de obras, xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por varios membros: unha psicóloga, unha educadora social, unha mestra de primaria, un profesor de secundaria e persoal do Museo Liste. O fallo do xurado será comunicado aos gañadores vía telefónica e publicado no blog do museo (https://museoliste.org/blog/) e en prensa a partir do 9 de maio de 2023.

Premios: establécense 5 premios, un premio por cada categoría, consistentes en lotes de libros, medallas e diplomas acreditativos. A entrega de premios realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas”, a partir das 12:30 h. na sede do Museo.

Outros: en todo aquilo non previsto nesta bases a Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo resolverá o que proceda.

Información: a través do teléfono 986244698 ou a través do enderezo didactica@museoliste.org.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android