XII Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio).
Temática: “Unha longa viaxe”
Con esta proposta temática convidan aos participantes a construír un pequeno relato sobre unha viaxe migratoria en calquera momento histórico, do pasado, do presente ou tamén do futuro. Así, por exemplo, poderán recrear historias da emigración galega; empatizar ou reflexionar sobre a realidade migratoria actual; ou, incluso, imaxinar situacións futuras que obriguen a facer viaxes cunha mirada futurista. A época, pasada, presente ou futura, o lugar de destino e de partida, as circunstancias desa viaxe, o medio, a compañía, ... todos son elementos que agardamos acompañen as súas narracións e nos dean conta da súa imaxinación pero tamén da súa forma de percibir o mundo e que actúen como sementes reveladoras que inviten á reflexión.
Idioma: galego.
Participantes: nenas e nenos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.
Categorías: establécense 5 categorías:
- Categoría A: nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria.
- Categoría B: nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
- Categoría C: nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.
- Categoría D: nenas e nenos de 1º e 2º de E.S.O.
- Categoría E: nenas e nenos de 3º e 4º de E.S.O.
Prazo de recepción dos traballos: aberto ata o 23 de abril de 2024
Máis información no anexo e na páxina do Museo Liste: https://museoliste.org/blog/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar