23:30
Diego Castro solo

Diego Castro solo

Despois de vintecinco anos adicándose á música profesionalmente en infinidade de formacións, Diego Castro lanza o seu primeiro proxecto en solitario, cun estilo moi presoal que fusiona a música de raíz norteamericana e galega. Letras comprometidas e intimistas e un blues acústico e cru completan a mestura, que nace con vocación de levar estas cancións a todos o recunchos do país. Acompañado soamente da súa guitarra, unha harmónica e un bombo, conecta coa tradición dos cantautores e os trobadores que percorrían o mundo levando a súa música ao lombo.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android