23:30
Testemuñas

Testemuñas

TESTEMUÑAS é un claro exemplo de todo o que nos rodea. Non só no referente á COVID, senón tamén os problemas que xa tiñamos e dos que nos estamos esquecendo. A loita feminista segue estando moi latente, pero desta volta, a temática, tamén xira en torno a Galiza, quizáis pola etapa universitaria que Pauliña comezou a vivir este ano.

Este é un concerto para bailar, para tódalas idades, con ritmos mesturados e toques ao blues, que tanto a acompañou o longo da súa vida. A figura do demo é un eixo fundamental neste traballo, xa que lembrouse moito do devota que era a súa avóa, dos medos que a atormentaban, …, tan escuros e previstos que non lle quedou máis remedio que facer alusións a súa memoria.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android