23:30
Zenzar. Xira Benvidas ó futuro

Zenzar. Xira Benvidas ó futuro

ZËNZAR é o grupo decano do rock en galego con máis de 30 anos de actividade ininterrumpida!

BENVIDAS Ó FUTURO é un disco que mira ó pasado (facendo alusión ó primeiro disco da banda, Disparados ó futuro, lanzado no 1997) pero sobre todo ó momento presente. Apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais, Zënzar pon voz e música ós problemas persistentes na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de nos relacionar que trouxo o progreso tecnolóxico, un futuro que agora non parece tan bonito como nolo pintaban...

En resumo, preparádevos para desfrutar dunha longa sesión de rock en galego, dun extenso repertorio onde se inclúen tanto clásicos da banda coma novos temas (que axiña se convertirán en clásicos tamén!)
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android