20:30
Bionic

Bionic

Bionic é unha peza en formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Un encontro próximo onde o biolóxico e o artificial comparten territorio, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.

A palabra Bionic indúcenos a pensar na tecnoloxia. É a bionica como ciencia a que adopta e aplica aqueles procesos biolóxicos e o seu funcionamento ao artificial, creando un modelo moi semellante ao da súa orixe. Facendo uso deste concepto, que xa supón un cambio de estado e forma, penetrámonos no imaxinario tecnolóxico para contar a modo de reflexión unha historia que cuestiona o presente de hoxe e o futuro próximo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android