A nosa historia comeza cando dúas nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura xeraralles preguntas sobre a situación das mulleres na historia. A partir de aquí ambas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as levará a atoparse nun punto en común. Con "O conto de Persépolis" rendemos homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias han cuestionado desde as marxes o status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos.
La Coja Dansa nesta proposta para público familiar coida ata o último detalle e ofrece unha montaxe de extraordinaria beleza cun ritmo adecuado para as ávidas miradas da infancia. Para iso utilizan a confluencia entre o cómic, a danza, o videomapping e o cinema na escena, chegando a uns resultados sorprendentes.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar