Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez son os gañadores do XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As súas obras poden verse ata o 14 de xuño na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura (3º andar) xunto cunha selección realizada polo xurado entre todas as presentadas.
Se queredes desfrutar aínda máis da exposición, o 23 de maio convidámosvos a unha visita guiada por Ángel Cordero, membro do xurado e profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña. As persoas interesadas poden anotarse enviando un correo electrónico a culturacarballo@carballo.gal.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar