Deadpan, do inglés “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’).
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza.
Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical.
Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar