20:00
Sociedad Filarmónica de A Coruña- Li La e Julien Quentin

Sociedad Filarmónica de A Coruña- Li La e Julien Quentin

O gran arraigamento que tivo a afección á música na sociedade coruñesa, coa celebración de concertos, recitais e representacións operísticas desde finais do século XVIII, conduciu á creación da primeira Sociedade Filarmónica da cidade, antecesora da actual e que desenvolveu o seu labor entre os anos 1821 e 1823, durante o chamado Trienio Liberal, fundada por Marcial Francisco do Adalid e Ramírez de Arellano, avó do soado compositor galego Marcial do Adalid, seguindo o modelo da Royal Philharmonic Society de Londres nacida en 1813, e que foi a segunda Sociedade Filarmónica da península ibérica, despois da de Lisboa. Os seus membros procedían da burguesía liberal da cidade e despregou unha ampla actividade interpretativa do repertorio orquestral e europeo do momento, tanto sinfonías como aberturas de ópera e concertos con solistas, na que participaban como instrumentistas uns trinta músicos locais, celebrando as veladas musicais no seu salón filarmónico, onde se estrearon algunhas das sinfonías de Beethoven, en redución para cordas, aínda en vida do compositor e moitos anos antes que en Madrid, contribuíndo así á difusión e coñecemento da música nunha contorna semipúblico e nun ambiente de orientación progresista.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android