Lágrimas no mar
Unha experiencia poética onde Arnaldo Antunes, músico e escritor con 40 anos de experiencia sobre o escenario, interpreta cancións cun amplo abanico de xéneros musicais, dende a música popular brasileira pasando pola música pop ata o avant garde
Arnaldo Antunes, gañador dun Latin Grammy, catro discos de platino e un de diamante, ademais de compoñente do supergrupo Tribalistas, presta a súa voz e alma para interpretar un novo proxecto xunto ao célebre pianista e compositor Vitor Araújo. Neste traballo, as proxeccións visuais teñen un papel importante, dando á obra un ambiente contemporáneo e inusual. En formato voz e piano, Arnaldo e Vitor suben ao escenario para interpretar un repertorio que comeza cun aire introspectivo, pero que, en contacto co público, gaña dimensións de sentimento compartido. Ademais, ao longo da representación intercalará recitados dos seus poemas para mergullar ao público nun ambiente cheo de creatividade e arte.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar