Antón Quintela é un batería e compositor galego establecido na cidade do Porto. Formouse nos conservatorios da Coruña, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e cos mestres John Riley e Ian Froman na cidade de Nova York como bolseiro da Deputación da Coruña. Actualmente lidera un trío no que interpretan repertorio tradicional jazzístico e un quinteto no que explorou as súas composicións e arranxos orixinais xunto a algúns dos músicos máis destacados da nova xeración do jazz portugués; en paralelo á súa actividade como líder forma parte doutros colectivos do panorama luso-galaico como o Diego Alonso 5tet, o Eixo do Jazz Ensemble e o Filipe Dias Trio.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar