00:00 hasta las 00:00
Curso Básico de Maestría en Compostaxe

Curso Básico de Maestría en Compostaxe

🌱🌱🌱 A capacidade do compost para mellorar a estrutura e rexenerar o chan é incuestionable: axudará a combater a desertificación nun territorio con máis do 70% do seu chan sufrindo este proceso. 

A materia orgánica supón case a metade do total dos residuos sólidos municipais, polo que poñer fin ao seu abandono en entulleiras e incineradoras, non só contribúe á redución de residuos, senón que é eficaz na loita fronte á crise climática, xa que esta práctica evita que se lancen á atmosfera millóns de toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), procedentes da descomposición deste tipo de residuos. ♻️♻️♻️

Existen estudos que indican que o emprego neste sector incrementarase de maneira exponencial nos próximos anos debido, por unha banda, á obriga dos concellos de cumprir coa normativa en materia de residuos e, por outra, a que é unha área na que está case todo por facer. 🌍🌎🌏

O Curso Básico de Maestría en Compostaxe, organizado da man de Amigos da Terra, busca dar resposta a esta problemática ambiental e asegurar que a xestión de residuos se de en condicións axeitadas, ao tempo que se xeneran novas oportunidades na creación de emprego. 👩‍🌾👨‍🌾👩‍🌾

Trátase dun curso especialmente dirixido a xente moza, en formato híbrido (presencial e online), con visitas a experiencias rurais de compostaxe, profesorado especialista en xestión de residuos a nivel nacional e prácticas de compostaxe no Lugar de Reque

👁‍🗨 Podes atopar información polo miúdo aquí 👇
https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79339

⏱️ Prazo de inscrición do 3 ao 12 de maio
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android