A Vicepresidencia da Deputación organiza obradoiros de cestería e demostracións de pintura mural, traballo con pedra e tecido con esparto para celebrar os Días Euroepos da Artesanía Efrén Castro presentou o programa de actividades que se desenvolverá do 27 de marzo ao 2 de abril en Reque e que pretende dar a coñecer a riqueza e singularidade da artesanía lucense. O programa contempla obradoiros de cestería orientados ao público en xeral que estarán dirixidos polas artesás Beatriz Valín, Carlos Rubio, Carmen Fieiras, Idoia Costa e María Folgueira. Durante a fin de semana, Álvaro Leiro máis enfocada a cesteiras e cesteiros profesionais. O prazo para as inscricións está aberto desde o 21 ao 24 de marzo. As persoas interesadas en participar poden solicitalo a través do enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome, DNI e contacto. O programa inclúe tamén demostracións, que non requiren inscrición previa, dirixidas por Doa Ocampo, que desenvolverá un dos seus murais da serie Reforestando; Xabier Quijada que traballará na restauración do forno do Lugar de Reque e Agnes Baldomá, que traballará o tecido con fibras vexetais. Programa DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA ao redor do Fogar de Reque OBRADOIROS Luns, 27 de marzo: Cesta de lazos con Carmen Fieiras Martes, 28 de marzo: Cesta mixta con Beatriz Valín Mércores, 29 de marzo: Cesta de láminas de madeira con María Folgueira Xoves, 30 de marzo: Cesta de cogumelos con Idoia Cuesta Venres 31 de marzo Cesto con asa de pau co Carabel Ecocestos Sábado e domingo, 1 e 2 de abril Cestería en espiral con Álvaro Leiro DEMOSTRACIÓNS Do 27 de marzo ao 2 de abril - Pintura mural proxecto Reforestando con Doa Ocampo Do 29 ao 31 de marzo - Traballo coa pedra para a restauración con Xabier Quijada 1 e 2 de abril - Tecido con esparto con Agnes Baldomá
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar