O luns 27 de marzo abre o prazo de inscrición para o curso teórico práctico de estanques e biopiscinas orientado a profesionais. Unha completa formación clave para entender a importancia dos biotopos de auga, como elementos dentro dun sistema integrado de arquitectura, paisaxe, actividade humana e ecosistema. Nel facilitaránse os coñecementos teórico prácticos necesarios para a execución de instalacións hídricas como estanques, biopiscinas, fervenzas e xardíns acuáticos, desde unha perspectiva de responsabilidade ambiental e apoio á biodiversidade. Será no espazo permacultural Lugar de Reque durante os meses de abril, maio e xuño. Programa e inscricións https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79137
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar