Nada Surf é unha banda de rock alternativo formado en 1992 en Nova York, integrado por Matthew Caws (guitarra e voz), Daniel Lorca, (baixo e voz), Doug Gillard, (guitarra) e Ira Elliot (batería e voz). A banda obtivo o seu recoñecemento mundial grazas a «Popular» do álbum High/Low (1996).
O grupo formouse en 1992 con Matthew Caws, Daniel Lorca e outro batería, que abandonou o proxecto tras a gravación das demos para o primeiro disco, High/Low. Este foi substituído por Ira Elliot, exbatería de The Fuzztones, consolidando así a formación que se mantén ata hoxe.
Matthew Caws pertence a unha familia de profesores universitarios, e fala varios idiomas. A súa formación universitaria obsérvase na calidade das súas letras. Durante os tres primeiros discos da banda utilizou sempre guitarras Gibson Lles Paul e ningún pedal de efectos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar