18:00
DÍA da BIBLIOTECA, contacontos e manualidades.

DÍA da BIBLIOTECA, contacontos e manualidades.

O vindeiro 20 de outubro celebraremos xunto dos socios e socias máis pequenos (de 3 a 9 anos) o DÍA DA BIBLIOTECA, cunha actividade de fomento á lectura onde teremos contacontos e manualidades, dentro do proxecto central da Biblioteca do Voluntariado Cultural de rapaces e rapazas.

Para poder participar na mesma é necesario inscrición previa (a partir do luns día 16 ás 10:00h.).

Un pouco de historia: Porque o 24 de Outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA?: Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, creado en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. Hai un dato especialmente sinistro daquel bombardeo. O home que, segundo todas as informacións publicadas nos últimos anos, ordenou disparar os proxectís incendiarios, fora un usuario habitual da biblioteca. Un profesor universitario, especializado na obra de Shakespeare. Un home dunha exquisita formación cultural e poética que encandeaba aos seus alumnos da universidade de Saraievo. Nikola Koljevic (Banja Luka, 1936-Belgrado, 1997). Ao producirse a implosión de Iugoslavia, o profesor Koljevic, converteuse no número dous da formación ultranacionalista serbia que dirixía Radovan Karadzic, un psiquiatra de Saraievo (nacido en Montenegro) que tamén amaba os versos e acabou ordenando masacres.

Artigo completo Enric Juliana La Vanguardia 18/05/20: https://www.lavanguardia.com/politica/20140518/54408044118/hombre-incendio-biblioteca-sarajevo-enric-juliana.html

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android