18:00 hasta las 19:30
Contos ao carón da lareira, contacontos e manualidades.

Contos ao carón da lareira, contacontos e manualidades.

O vindeiro venres 1 de decembro de 18:00h. a 19:30h. teremos unha nova actividade de fomento á lectura para os socios e socias máis pequenos/as. Nesta ocasión empregaremos contos da sección da biblioteca de educar nas emocións e na igualdade que tanto está a gustar entre os nosos usarios e usuarias máis pequenos/as; e na realización dunha manualidade reciclando materiais.

Para poder participar na presente actividade é obrigatorio a inscrición a partir do luns 27 de novembro ás 10h.

Actividade dirixida polos nosos rapaces e rapazas voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín.

Un pouco de Historia: O lume, o magosto e os contos na lareira na carta de D. Xesús Taboada Chivite a D. Antonio Fraguas do 16 de outubro de 1954 explica como é o magosto e os tempos na lareira nas terras de Monterrei (ver imaxe):

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android