19:30
Presentación do libro «Entroido», obra de Rober Cagiao

Presentación do libro «Entroido», obra de Rober Cagiao

O vindeiro xoves 13 de xuño, ás 19:30h. teremos a presentación do último libro de Rober Cagiao @roberto.lopezcagiao «Entroido» ed. Knowmadas Books.

Senopse: O asasino do martelo sembra o pánico en Galicia a comezos do século XXI. Dúas décadas máis tarde a filla da súa derradeira vítima, a inspectora Lola Xallas, é a encargada de investigar o asasinato do empresario catalán Tony Torres en Barcelona.
Alí coñecerá a Olvido, xornalista e principal sospeitosa, e comezará unha carreira na que o pasado retornará enmascarado entre traizóns, mentiras e unha caza mortal.

Co son do chifre arrancará o Entroido e os peores pesadelos voltarán para enfrentala á verdade.
Rober Cagiao (Bañobre, 1976). Sempre me gustaron as letras, de rapaz dediqueime á música sacando dous discos co grupo de heavy metal Trashnos. Tras quince anos de loita e deixalo afasteime do mundo da creación. En 2019 tras un accidente e ter que estar postrado durante meses volvín a escribir e fíxeno con El Guardián de las Flores, o meu primeiro libro, con máis de 60 mil copias vendidas. Eso cambiou a miña vida, deixei o traballo e agora adícome as letras en exclusiva.
Entroido é o meu 14 libro e o primeiro fora da Saga do Guardián. E tamén o primeiro en galego, a pesar de estar editado cunha editorial de Murcia. Agardo que vos guste.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android