19:30
Conferencia: Reducción do Estrés baseado no Mindfulness, polo Dr. GIUSEPPE ALTAMORE

Conferencia: Reducción do Estrés baseado no Mindfulness, polo Dr. GIUSEPPE ALTAMORE

O vindeiro xoves 23 de maio, ás 19:30h. teremos unha conferencia sobre Mindfulness, no SALÓN DE ACTOS, impartida polo Dr. GIUSEPPE ALTAMORE CARUSO, Licenciado en Medicina e Ciruxía, e con multitude de cursos sobre o Mindfulness e a reducción do estrés pola Universidade Autónoma de Madrid.

Mindfulness é unha das técnicas chamadas de última xeración para a xestión do estrés.
Proponse, para dar a coñecer o Mindfulness, unha primeira reunión de presentación na cal se definirá Mindfulness, os seus beneficios e o compromiso que debe adquirir o participante xunto a unha simple practica formal.
A posteriori farase referencia ao programa completo, que é de 4 semanas con dúas sesións, luns e xoves de 20:30h a 22:00h a partir do 3 de xuño ata o 27 de xuño; que se inicia co prestar atención conscientemente á respiración seguido do desenvolvemento teórico e posterior practica meditativa do mesmo, realízase en silencio nunha posición corporal preestablecida e con movementos corporais simples (camiñando) que teñen como finalidade ser conscientes das distintas partes do noso corpo e que as sensacións corporais preceden aos pensamentos e a outras actividades cerebrais xeradoras do estrés.

O curso é gratuito para un número reducido de participantes previa inscrición tras a conferencia do 23 de maio.

GIUSEPPE ALTAMORE CARUSO, Catania, Italia 1949, é Licenciado en Medicina e Cirurxía, Especialista en Cirurxía Xeral e Dixestiva. Con multitude de cursos e programas de redución de do estrés baseado Mindfulness pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM) (Facultade de medicina) desde de 2017 e é Diplomado en Mindfulness pola Universidade de Brown (EEUU) desenvolto na UA Maio 2021

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android